ESTREANDO OS FOLLETOS TURÍSTICOS DO CONCELLO DE PADERNE

O Concello de Paderne presentou na primavera de 2017 a súa oferta turística na feira da Mancomunidade de concellos do Camiño Inglés. Nos meses previos realizouse o traballo de documentación e deseño para presentar a dita oferta recompilada nun folleto despregable trilingüe galego-castelán-inglés. Un pracer crear un soporte gráfico que fala de pontes, ríos, praias, cruceiros, viños e muiños. O evento tivo lugar na praza Irmáns García Naveira de Betanzos e foi organizado pola Deputación da Coruña para a promoción conxunta do Camiño Inglés e dos concellos que conforman a Mancomunidade.

Por | 2017-07-11T10:26:38+00:00 junio 7th, 2017|Consultoría, Gráfica e publicitaria|Sin comentarios

Deje su comentario

*

NOTICIAS EN TWITTER