PRESENTANDO O FETEGA -FESTIVAL DE TEATRO GALEGO- EN OURENSE

O luns 31 de xullo presentouse na Deputación Provincial de Ourense a 28ª EDICIÓN DO FETEGA -FESTIVAL GALEGO DE TEATRO-, o festival referente e máis antigo de Galicia, que terá lugar no Carballiño do 5 ao 9 de setembro.

Interviron:

Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense, que destacou ao festival como ‘referente galego das artes escénicas e un evento dos galegos para os galegos’. Artes escénicas producidas en Galicia. E remarcou a cita Josi Lage, directora, que caracteriza á filosofía do evento: ‘Non nos vale nada típico nin tópico.

Diego Fernández, concelleiro de cultura do Carballiño, manifestou o orgullo da vila en acoller un ano máis o festival, referente do teatro galego.

Jacobo Sutil, director do AGADIC, puxo en valor axuda do Agadic ás artes escénicas. E en particular a Ourense e ao Carballiño, como centro das Artes escénicas de Galicia. Puxo en valor a labor que desenvolve o FETEGA de promoción do teatro a través da súa programación e recoñecementos.

Josi Lage, directora do FETEGA, presentou as novidades desta 28ª edición, na que o festival crece un día respecto a 2016, pasando a durar 5 xornadas cun programa variado, de mañá tarde e noite, e para todos os públicos. Os premios. FETEGA pasarán a chamarse Premios FETEGA Dorotea Bárcena, en memoria da actriz falecida o pasado novembro. Desvelou tamén o premio de honra desta edición será para o actor Carlos Blanco. A figura que se entrega como premio de honra foi deseñada por Octavio Cerviño, esmaltista artesán. Agradeceu o apoio das entidades públicas e privadas, e destacou o cartel, deseñado pola empresa GFStudio, que representa unha deconstrución do escudo do Carballiño.

O programa terá lugar en tres localizacións: ao aire libre no anfiteatro, na casa da cultura e no auditorio. Todas as actividades serán de balde, agás as representacións nocturnas -no auditorio- a un prezo de 10 euros. Ademais, haberá animación nas rúas e diferentes actividades paralelas, como unha conferencia do teatro postdramático galego, impartida por Afonso Becerra de Becerreá, e master classes de improvisación ou novas linguaxes escénicas. O FETEGA conta con voluntarios/as, que poden inscribirse no web www.fetega.gal.

OS ACTORES Patricia de Lorenzo e Xesús Ron, da cía. Chévere, presentaron o seu espectáculo a última produción. ‘Eroski Paraiso’, baseada nunha historia que acontece na costa de Muros. Ernesto Chao e Guillermo Carbajo, cía. Redrum teatro, presentaron a estrea absoluta en España da súa produción ‘A Canción do Elefante’. Ernesto destacou a ‘boa maridaxe de xente nova e veteranos neste thriller psicolóxico, que non é unha comedia’ recalcou entre risos. Noelia Blanco, da cía. Inherente teatro, falounos do teatro contemporáneo de creación colectiva, sobre a temática da muller dende o humor e a dor. Unha peza diferente do programado, máis experimental. Omar Ferrín, da cía. Triatreros adiantou o formato formato novidoso. Entretemento que bebe late night, con xogos de improvisación, banda de música en directo, skeches, xogos de dobraxe onde o público escolle as noticias.

O ourensán Sergio Pazos, que será o presentador da gala de entrega de premios, expresou que o seu maior desexo é ‘que o pasen ben e non se dean conta que hai presentador’. Presentounos o seu novo traballo, ‘Afiando con Humor’, que recupera a figura do afiador, cheo de sabedoría da tradición oral.

 

Por | 2017-11-17T20:18:54+00:00 agosto 7th, 2017|Consultoría, Prensa, RR.PP., Social media|Sin comentarios

Deje su comentario

*

NOTICIAS EN TWITTER