QUEIXEANDO! NATURALMENTE, EN ARZÚA

En marzo de 2017 celebrouse a 42ª edición da Festa do Queixo de Arzúa. Cada ano supón un novo reto. Búscase sempre mellorar e implementar propostas que repercutan na imaxe positiva do evento en Arzúa e fóra da vila, nos veciños e nos visitantes do evento, online e offline. Todo queda reflectido na avaliación interna e na memoria externa que se entregan ao fin do evento.

No plano cuantitativo, podemos sinalar a creación da identidade visual, o web 2.0 ou a dinamización e incremento constante da participación en diversos planos: o nº de presentados ao concurso de carteis, o de maquetas no concurso Queixo Maquetón, o de seguidores nas redes sociais, o visitas ao web festadoqueixo.org, o de nenos/as e mozos/as participando activamente en obradoiros e actividades, etc.

No plano cualitativo, a información e atención recibida polas queixerías -reflectidas nas enquisas-, os medios de comunicación, polos pregoeiros e convidados, os participantes en obradoiros e actividades, o público en xeral no recinto feiral e nos concertos do festival, e os comentarios positivos e agradecementos dos seguidores nas redes.

A nosa confianza está en que tod@s gocen dunha experiencia positiva na festa -antes, durante e despois-. Cada ano esforzámonos en aportar unha boa coordinación e unha boa comunicación, externa e interna, buscando mellorar cada edición.

Deje su comentario

*

NOTICIAS EN TWITTER