Consultoría de comunicación 2017-12-22T11:40:15+00:00
volver

CONSULTORÍA DE COMUNICACIÓN E RR.PP.

Permanente, periódica ou puntual. Proxectos personalizados para entidades e organismos. Desde a conceptualización de ideas, a poñer en práctica as ferramentas precisas.

A metodoloxía → pártese da situación: axudándose do cliente, escóitase e interprétase → investígase, ata onde legalmente se pode → xúntase ao equipo, determínanse misión e visión → defínense os obxectivos, procurándoos medibles e alcanzables → márcase a estratexia, e as ferramentas coas que actuar → elabóranse as propostas e prográmanse as accións → execútase, todas as ideas en marcha → analízase e avalíase, a seguir mellorando

A memoria posterior é un servizo transversal. A transparencia vai garantida coa elaboración dunha avaliación de resultados ao remate de cada proxecto. A credibilidade esixe anotar o que ocorreu mal e resolvelo na vindeira oportunidade.

consultamos?

Consultoría puntual

Cando unicamente precisas realizar unha campaña de forma puntual ou esporádica, unha presentación, unha acción concreta

Consultoría periódica

Uns cantos meses, por exemplo para un evento que se celebra anualmente, períodos intensos de promocións, etc

Consultoría permanente

O teu gabinete externo de comunicación. Oficina técnica os 12 meses á túa disposición, as túas redes sociais diarias, mailings, etc

CONTACTAMOS?

NOTICIAS EN TWITTER