A 50ª edición da Festa do Queixo contará cunha colaboración especial de Estrella Galicia, que contribuirá a mellorar a experiencia dos asistentes coa creación dunha zona de descanso e gastronomía no recinto de concertos.

A cervexeira galega achegará mobiliario para a área de foodtrucks, permitindo que os visitantes poidan gozar da oferta gastronómica nun ambiente cómodo mentres desfrutan dos concertos en directo. Ademais, Estrella Galicia terá unha presenza destacada no recinto, facendo que esta zona sexa un punto de encontro clave dentro do festival.
A unión entre Estrella Galicia e a Festa do Queixo é natural, xa que ambas comparten valores esenciais como a aposta pola calidade, a tradición e a cultura galega. Estrella Galicia, coas súas profundas raíces no chan de Galicia, transmite a súa paixón pola nosa terra, o entorno e os aliados autóctonos. O seu compromiso coa economía local e o impacto positivo alinea perfectamente co espírito da Festa do Queixo, que celebra un dos produtos máis emblemáticos de Galicia.

Na imaxe, de esquerda a dereita, no acto institucional no salón de plenos do concello:
- Pablo Alfonsín (Promotor comercial da marca)
- Daniel Moscoso (Concelleiro de Xuventude)
- Xesús Carril (Alcalde de Arzúa)
- Guillermo Fernández (Delegado da marca de Santiago)
- Ramón Roldán (Director de Intanxibles e coordinador da Festa do Queixo)