CONSULTORÍA DE COMUNICACIÓN E RR.PP.
Permanente, periódica ou puntual. Proxectos personalizados para entidades e organismos. Desde a conceptualización de ideas, a poñer en práctica as ferramentas precisas.
A metodoloxía → pártese da situación: axudándose do cliente, escóitase e interprétase → investígase, ata onde legalmente se pode → xúntase ao equipo, determínanse misión e visión → defínense os obxectivos, procurándoos medibles e alcanzables → márcase a estratexia, e as ferramentas coas que actuar → elabóranse as propostas e prográmanse as accións → execútase, todas as ideas en marcha → analízase e avalíase, a seguir mellorando
A memoria posterior é un servizo transversal. A transparencia vai garantida coa elaboración dunha avaliación de resultados ao remate de cada proxecto. A credibilidade esixe anotar o que ocorreu mal e resolvelo na vindeira oportunidade.