O domingo 2 de xullo, visitamos a IV Mostra do Branco Lexítimo en Paderne. Un viño excelente que se vai descubrindo pouco a pouco, entregas de medallas como embaixadores e un pregón intelixente e simpático de Moncho Borrajo, autor tamén da ilustración do cartel desta edición.