Hoxe, xoves 28 de febreiro de 2019, tivo lugar no Mercado Gastrogalaico La Galiciana de Santiago de Compostela, a presentación para os medios do programa completo da 44ª Festa do Queixo.

Interviron:

Jose Luís García, alcalde de Concello de Arzúa

Deu a benvida explicou que este ano se fai en Santiago, para facer máis doada a labor dos medios e asistentes. Agradeceu a súa presenza aos medios asistentes e a Xerencia da Galiciana polo espazo cedido para a presentación. Agradeceu o seu esforzo os moitos colaboradores que fan posible a festa.

Comentou o cambio de data desta edición, co obxectivo de non coincidir co entroido e que a xente poida gozar de ambas festas, e a programación previa que xa se está celebrando “Aínda que hoxe é a presentación, a festa do queixo xa comezou. Xa se están a desenvovler actividades e obradoiros en Arzúa”

Do programa previo, destacou tamén a inauguración o xoves 7 da escultura homenaxe ao queixo creada por Cándido Pazos, un home ademais de artista, embaixador do camiño por toda Europa, e cunha biografía digna de poñer en valor, foi campión de España de 400 m.

Igualmente, a elaboración dun queixo xigante co mapa de Galicia no que estarán representados as construcións más senlleiras, como a Catedral de Santiago, a muralla de Lugo, a Ponte de Ourense ou as mexilloeiras de Pontevedra. Tamén se celebrarán, como xa e costume, obradoiros e catas a cargo da D.O.P. Arzúa Ulloa.

“O pregoeiro nesta edición será Benigno Campos, o cociñeiro de Larpeiros, que ademais de coñecido polo seu programa, escribiu libros súper vendas tanto en galego como en castelán. E despois pecharemos con MJ Pérez, a nosa cantautora de Arzúa, que está tendo un gran éxito co seu tema Malaxente.”

Anunciou a entrega dos premios dos concursos de carteis, tapas, e o da 4ª edición do Arzuán do ano. Mostrouse especialmente orgulloso deste apartado, pola xente nova que é  representativa da sua xeración a través do seu esforzo e traballo xente coma Iria Cisneros e Iván García (proxecto Climántica, para sensibilizarnos do cambio climático, premiado a nivel europeo), Diego Iglesias, porteiro selección galega de fútbol sala, María José Pérez (ou MJ Pérez) cantautora premiada tamén pola Deputación da Coruña, e que acaba de estrear o videoclip Malaxente, ou Andrea Vigo, a máis nova de todas, convocada pola selección galega sub 12 de fútbol 8.

Precisamente relacionado con iso, quixo destacar a intención de facer cada vez máis participes a xente nova. A través da 3º edición de Pequequeixo, pero tamén a través da participación directa da mocidade na organización do evento, a través da formación dun  grupo de voluntarios que colaboran co Concello.

o alcalde fixo fincapé en que “Arzúa inviste moitos recursos no evento, máis que ningún outro concello en promocionar o queixo. O concello non conta con moitas axudas, e se ben recuperouse a da Deputación, esta é a única que se recibe.”

 

Finalmente, convidou a todos/as a pasalo ben e “queixear” en Arzúa toda próxima fin de semana.

 

Xosé Luís Carrera, presidente do CRDOP Arzúa-Ulloa

Fixo un breve balance do ano 2018, no que se ben o crecemento non foi moi destacable, pese a que algunha das queixerías estivo parada, si conseguiuse unha estabilización en torno os 3,5M de quilos.

Fixo fincapé no compromiso coa Festa, que se materializa na doazón de 400 quilos de queixo gratuítos para petiscos, concertos e agasallos. Alabou a iniciativa de que a escultura que se realice sexa co mapa de Galicia feito con Qurixo da DOP Arzúa-Ulloa, posto que é precisamente este queixo o que se coñece como ”do pais”.

Como visión a un futuro próximo, destacou a intención de centrarse máis na promoción do camiño, concretamente dando pulo o camiño do norte. Desta forma a DOP busca posicionarse cara ao Xacobeo 2021.

Inma Carbia, profesora da EFA Piñeiral

Comentou que se ben a EFA Piñeiral leva anos colaborando, nestes últimos anos incrementaron moito a súa colaboración a través da dinamización, posta en común e valorización de obxectivos comúns na promoción do produto.

Falou da celebración da masterclass “petiscos que namoran”, que teñen coma obxectivo propor alternativas creativas co noso produto. Tamén destacou a celebración duha conferencia técnica a cargo de Óscar Pérez, centrada na nutrición e a saúde, e a cata/degustación a cargo de Guillermo Moscoso que se celebrará o venres nas súas instalacións, así como a os obradoiros de comercialización online e RRSS.

Tamén fixo fincapé na participación da xente moza que participarán coa preparación de degustacións no seu stand, e realizarán obradoiros especialmente indicados para a participación dos nenos e nenas. Con todas estas colaboracións, agarda axudar a que todos “queixeemos un pouco máis”.

A EFA Piñeiral colabora ofrecendo as súas instalacións para a celebración de actividades e obradoiros. Aproveitou para agradecer á organización a boa relación de colaboración que lles une.

 

Alberto Alfonso, director do Festival do Queixo

Presentou a programación íntegra do Festival do Queixo 2019, que se celebrará baixo una gran carpa, destacando que este ano serán 2 días de concertos de balde, coa presenza o sábado 10 de artistas de prestixio estatal como Los Secretos, que cumpren 40 anos de carreira, xunto con Heredeiros da Crus e o DJ Rafa Morcego. Tamén o domingo 10 con artistas galegos de recoñecemento internacional Xabier Díaz e Adufeiras de Salitre e SÉS.

Destacou o bo dun programa de calidade e gratuíto, a altísima participación no 11º concurso Queixo Maquetón, con máis de 70 bandas presentadas, así como a sesión vermú, unha aposta segura por 4º ano consecutivo.

Tucho novo, guitarrista de Heredeiros da Crus

Co seu humor habitual, o membro doe Herdeiros da Crus, fixo un breve speak nun simpático inglés, no que amosábase moi contento de tocar en Arzúa, e sobre a súa actuación sentiu non poder adiantar nada por ser “un secreto” en alusión os seus compañeiros de cartel, (Los Secretos).

Miguel Vallo, concelleiro de Cultura Concello de Arzúa

Presentou as novidades referentes ao amplo programa da 44ª edición: as novas queixerías inscritas, cun total de 70 expositores, cheo total do recinto, esgotando un ano máis os postos dispoñibles. Varias queixerías novas de todas partes do Estado, e Novas queixerías de Lugo, Zamora e León, e coma sempre varias con premios World Cheese Awards. 6 postos de queixerías PLT, (produtores lácteos tradicionais) todas elas co seu correspondente rexistro sanitario, segundo obriga a normativa legal. Ademais de unha gran variedade de locais de alimentación especializada, de Galicia e de fora, crema de mirabeis, pimentón de la Vera ou moitos máis produtos gourmet. A presenza dos concellos veciños como Boimorto e Melide, este a través da asociación Melide Terra Doce.

O recinto feiral abrirase o sábado ás 11 h. Destacou a elección do pregoeiro Benigno Campos, quen aparte de triunfar co seu programa Larpeiros, é un escritor de éxito.

Unha vez rematado o pregón, a cantautora MJ Pérez fará unha pequena peza. O sábado e o domingo exporase a escultura de 1,50×1,5 m para a que se precisaron máis de 4.500 litros de leite.

Agradeceu a colaboración da EFA Piñeiral, e anunciou que nos obradoiros se agasallará con mandil e un gorro os pequenos, “para que o sigan a usar cando medren”. Tamén pensando nos cativos, chegará a Arzúa unha vaca inchable de 3 metros, que servirá para explicar o proceso da elaboración do queixo desde á orixe. Agradeceu ao Consello Regulador a súa colaboración. Destacou os dous días de concertos de balde, ea a contratación, un ano máis, dunha carpa onde acubillarse no caso de choiva, do mesmo modo as actuacións serán para todas as idades, facendo especial mención o concurso Queixo maquetón. Tamén haberá animación na rúa con grupos locais.

Para rematar tamén destacou que o concello inviste moito, esforzo, traballo e ilusión. Finalmente  invitou a todos a ir a Arzúa a “queixear”.

Pechou o acto o alcalde, insistindo na ilusión e o esforzo posto nesta festa do queixo de Arzúa, e convidando a todos a achegarse o acto.