O Festival do Teatro Galego presentou hoxe a súa programación de 4 días de teatro e actividades en exterior e interior.


Hoxe venres 2 de setembro presentouse na Deputación de Ourense a programación completa da 33.ª EDICIÓN DO FESTIVAL DO TEATRO GALEGO,  que terá lugar no Carballiño do 6 ao 9 de setembro, incluídos. O acto tivo lugar ás 11:30 h, e nel presentáronse as moitas novidades que presenta. A presentación do festival contou coa presenza das autoridades locais, provinciais e autonómicas, así como das organizacións colaboradoras


INTERVIRON

Patricia Torres, deputada provincial, Deputación de Ourense

Deu a benvida aos presentes e paso a cada voceiro. A deputada provincial de Cultura, como anfitrioa do acto, destacou o apoio da Deputación Ourensá ao festival como ‘referente galego das artes escénicas e un evento dos galegos para os galegos’. Puxo en valor as artes escénicas producidas en Galicia. Pediu a cooperación entre as administracións para apoiar á cultura galega en xeral e ao teatro en particular. Destacou que «para nós a cultura é a nosa vía de escape nas súas diversas modalidades, que viva a cultura, que viva o teatro e que viva o FETEGA.

Manuel Amil, representante de ASPADISI

Asociación de discapacitados psíquicos, con sede no Carballiño. 24 usuarios, que están a crear unha residencia. O fetega desexa colaborar coa asociación destinando un 20% da recadación. Agradeceu á deputación como un dos maiores financiadores da futura residencia.

Luís G. Tosar, presidente da Fundación Insua dos Poetas

Colaborador do FETEGA. Temos a sorte de que este festival leva o nome dun amigo falecido recentemente, Sito Parada, Celso Parada, extraordinario profesional e gran amigo do Carballiño. Temos a sorte de que este festival que se celebra no Carballiño, con quen deseñamos algunhas accións, como o acto de clausura, que se celebrará ao aire libre na Insua dos Poetas coa estrea da obra «Mentres dure a canción». Recalcou que moitas veces hai actividades que non están contempladas nas mostras ou foros diversos teatrais, e FETEGA é o ideal para ir á raíz propia, lembrándonos de Blanco Amor que dicía que o teatro galego ten unhas inmensas posibilidades recollendo a cultura galega. Polo tanto anunciou que para a próxima edición 2023 un premio que promoverá a fundación para dramaturgos que elaboren propostas relacionadas co teatro non convencional, a través dun concurso cun espírito para representar obras en espazos non convencionais, e que se nutra desa savia tan importante como a teatralidade popular, a música e os mil e un elementos que conforman a identidade de Galicia.

Diego Fernández, concelleiro de cultura do Carballiño

Falou do agardado que é o FETEGA no Carballiño. Falar de teatro galego é falar do Carballiño. Esta é a primeira edición post covid «en liberdade». Agradecer o esforzo de toda a familia FETEGA, pois non é doado levar adiante un festival como este. Convidou a veciños e veciñas de toda a provincia. O concelleiro de culTura do Carballiño, manifestou o orgullo da vila en acoller un ano máis o festival, referente do teatro galego. Para o Carballiño significa un compromiso grande para a cultura e unha plataforma para moita xente. Igualmente agradeceu aos empresarios locais que apoian á cultura. Salientou a importancia da continuidade e a labor que fai o FETEGA e convidou a todos a vir ao teatro e ao probar tamén estes días o polbo do Carballiño.

Anxo Lorenzo, secretario xeral de Políticas Culturais, Xunta de Galicia
Destacou a chamada ao orgullo dunha programación que ten a extensión no tempo de 33 anos do festival. Puxo tamén en valor o feito de que se faga desde O Carballiño, e desde unha comarca cunha gran impronta cultural. Temos un panorama de festivais culturais en Galicia con máis de 100, dos 1000 que se celebran en España. O feito de que FETEGA se produza cunha programación en lingua galega é a que o fai único e singular, algo polo que as institucións públicas deben recoñecer como merece. A Xunta colabora para que o FETEGA se siga celebrando. O secretario xeral de políticas culturais mencionou que “é un pracer representar neste evento da cultura á Xunta de Galicia”, felicitou ao festival polo bo traballo organizativo no labor de difusión cultural q fai o FETEGA.

Carlos Ledo, director do Festival do Teatro Galego

Realizou a presentación da programación 2022 e as novidades, e agradeceu especialmente a colaboradores e patrocinadores. Agradeceu ás máis de 100 obras presentadas a valoración, aos establecementos colaboradores do Carballiño q repiten e aumentan cada ano, así como a actores e actrices presentes, aos medios, e ao público do Carballiño e quen se achega a gozar do teatro. Finalmente, agradeceu o apoio ás institucións, patrocinadores e colaboradores públicos e privados. Agradeceu tamén o traballo dos voluntarios/as. Todas as actividades serán de balde, agás as representacións vespertinas -no auditorio- a prezos reducidos (6 euros cada función). Ademais, haberá un pack especial para as 5 funcións a un prezo reducido de 25 euros.

Agradeceu ás máis de 100 obras presentadas a valoración, aos establecementos colaboradores do Carballiño q repiten e aumentan cada ano, voluntariado, e actores que nos mandaron vídeo, así como a actores e actrices presentes, aos medios, e ao público do Carballiño e quen se achega a gozar do teatro. Finalmente, agradeceu o apoio ás institucións, patrocinadores e colaboradores públicos e privados. Agradeceu tamén o traballo dos voluntarios/as, que se inscribiron a través da web www.fetega.gal.
«A Deputación, Concello e Dirección Xeral de Cultura  sodes activadores de cultura e decidides o que queredes que se active. Este é o voso programa, máis ca o noso. 33 anos de teatro en galego, só en galego e a mensaxe está formada por persoas  esa é a nosa identidade que vos transmitimos como persoas e non coma políticos, porque para nós sodes persoas coas que falamos e coas que construímos cultura.

Este ano tocou elixir entre programación pura de teatro, sen adornos, e actividades complementarias (e producir un empaque máis elaborado). Eliximos estar ao lado das / dos profesionais artísticos e técnico-artísticos, ao lado do tecido industrial cultural. Co compromiso da Dirección Xeral de Cultura de paliar outras aportacións fixemos un programa con tres estreas que levan a marca Fetega: Xerpo presenta Rapsofá; Coucheiro (que estreou anteriormente no Carballiño nun working progress connosco) presenta Home; e Producións Dispersas presenta “Mentres dure a canción”. Complementamos esta programación coas compañías de Diego Anido, que presenta o espectáculo O Rei do Pop e Inversa Teatro co espectáculo “O Péndulo” e coa presencia de Barafunda un ano máis cos espectáculos de Rúa.

Este ano temos dúas novidades: a colaboración coa Fundación Insua dos Poetas e a colaboración coa asociación ASPADISI.

Son dúas entidades nosas e por nós refírome ao nós máis veciño, ao nós carballiñés, ourensán, galego. En canto á Insua dos Poetas, e sen pisar nada da intervención de Luis González Tosar, achegueime a eles coñecedor da labor que fan no ámbito da cultura galega, depositarios como son da nosa identidade cultural, herdeiros das esencias da xeración Nós en moitos aspectos. O proxecto cultural da Insua, no medio do rural, no monte mesmo, nun espazo non convencional foi para o Fetega un aliciente. E coma o Balbino de Neira Vilas achegueime a falar con eles, coma un rapaz da aldea, coma quen dis un ninguén. E velaí que o venres día 9 de setembro presentaremos “Mentres Dure a Canción” ás 22:30hs na Insua dos Poetas, sempre que a climatoloxía non o impida. Luis contaravos outras novidades.

En canto a ASPADISI, Asociación de pais de discapacitados psíquicos da comarca, O Fetega, sempre acostumado a moverse en orzamentos axustados, pensamos que temos unha débeda co noso entorno. O teatro é territorial. O Teatro é local. O Teatro é aquí e agora. Vemos que hai moitas causas boas no mundo. E tamén vemos que ás veces non miramos cara o gran traballo que temos fronte a nós. Na comarca do Carblliño, a menos de cincuenta metros do Auditorio Municipal, APADISI da esperanza e apoio a persoas especiais e invisibles para a sociedade. Somos capaces de empatizar lonxe de nós causas que apoiar e isto está moi ben. Achegueime a ASPADISI coa simple humildade de preguntar se podíamos colaborar con algo. Non é unha cuestión de orzamento porque non temos. É unha cuestión de non mirar para outro lado. Por iso propuxemos aportar o 20% da taquilla a ASPADISI e levar o nome e o logo de Aspadisi naquelas actividades que desenvolvamos para darlle visibilidade.

Agradeceu a Marta Pérez, graza Diego Freire, por estaren hoxe aquí apoiando o Fetega.
O Péndulo  teatro documental que toca persoalmente a Marta porque expón feitos que se desenvolveron no seo da súa familia.

Mentras dure a Canción  é o triunfo da perserverancia dun proxecto desenvolto nunhas condicións de nulo apoio á cultura no seu Concello.»

Ao final do acto interviron Marta Pérez, que presentou a obra «O Péndulo» e Diego Freire para presentar a o espectáculo musical «Mentres dure a canción», que será a función de clausura do festival o venres 9 de setembro ás 22 h no auditorio municipal do Carballiño.

PROGRAMACIÓN 2022

MARTES 6
11:00 h. A Maruxaina do Arenteiro – Barafunda
17:00 h. A Maruxaina do Arenteiro – Barafunda
19:30 h. A Maruxaina do Arenteiro – Barafunda
20:00 h. O Péndulo – Inversa Teatro

MÉRCORES 7
11:00 h. A Pomba que te alegra – Barafunda
17:00 h. A Pomba que te alegra – Barafunda
19:30 h. A Pomba que te alegra – Barafunda
20:00 h. O Deus Pop – Diego Anido

XOVES 8
11:00 h. O Titiriteiro e o Demo – Barafunda
18:00 h. O Titiriteiro e o Demo – Barafunda
19:30 h. O Titiriteiro e o Demo – Barafunda
20:00 h. Mestre ma non troppo – O Barandullo Azul
20:00 h. Rapsofá – Xerpo

VENRES 9
11:00 h. Octavio e o Premio – Barafunda
17:00 h. Octavio e o Premio – Barafunda
19:30 h. Octavio e o Premio – Barafunda
20:00 h. Home – Cou.media – Antón Coucheiro
22:30 h. Mentres dure a canción – Producións Dispersas

OS PREMIOS DOROTEA BÁRCENA 2022
– MELLOR ESPECTÁCULO (escollido polo público)
– PREMIO DE HONRA 2022 (á traxectoria, outorgado pola organización)
É moi importante destacar a calidade artística da figura escultórica que adorna fisicamente a concesión do premio DOROTEA BÁRCENA. Trátase dunha escultura de cerámica esmaltada ao lume sobre ferro, obra do artista e escultor vigués Octavio Cerviño. Máis de 30 anos creando esculturas de cerámica sobre ferro con esmalte ao lume. A figura que se entrega como premio de honra é unha peza deseñada polo artesán do esmalte Octavio Cerviño, que traballa a difícil técnica do esmalte vidrado. O artista traballa tamén para recoñecidas institucións e entidades que outorgan diferentes premios.

Este ano, amosando unha vez máis a versatilidade de avaliación que brindamos ao espectro das artes escénicas o PREMIO DE HONRA DOROTEA BÁRCENA 2022 é para EDUARDO RODRÍGUEZ CUNHA “TATÁN”, pola súa ampla traxectoria de 39 anos nos que comezou como marionetista e se converteu nun referente do teatro de obxectos en Galiza.

Co recoñecemento persoal ao benquerido Tatán extendemos o premio a esta arte escénica polo que lle trasladamos a Tatán a responsabilidade de portar este premio como recoñecemento a esta arte escénica en específico. Pero máis alá desta faceta profesional, destacamos a versatilidade dun home que tamén se ten desenvolto coa excelencia da profesión como actor enriba dos escenarios e diante das cámaras cinematográficas. Tal é paixón artística deTatán que tamén está presente na interpretación musical.

E por riba de todo isto, Tatán, Eduardo, ten ben ganada a súa fama entre todas nós como unha excelente persoa e malia que os criterios son profesionais non podemos deixar de mencionar este aspecto na concesión do Premio de Honra Dorotea Bárcena 2022.