O 30º FESTIVAL DE TEATRO GALEGO PRESENTOU HOXE A PROGRAMACIÓN.  O #FETEGA2019 CELEBRARASE NO CARBALLIÑO DO 2 AO 6 DE SETEMBRO

Hoxe, xoves 22 de agosto de 2019, presentouse na Deputación de Ourense a programación completa do 30º ANIVERSARIO DO FESTIVAL DE TEATRO GALEGO. O acto tivo lugar ás 11:30 h, e nel presentáronse as moitas novidades desta edición.

A presentación do festival contou coa presenza das autoridades locais, provinciais e autonómicas, así como de directores, directoras, actores e actrices que estarán presentes nesta 30ª edición do festival.

Rosendo Fernández, deputado provincial de Cultura

Como anfitrión do acto, destacou o apoio da Deputación Ourensá ao festival como ‘referente galego das artes escénicas e un evento dos galegos para os galegos’. Artes escénicas producidas en Galicia. Pediu a cooperación entre as administracións para apoiar á cultura galega en xeral e ao teatro en particular. “FETEGA existe gracias Josi Lage”

Francisco Fumega, alcalde do Carballiño

Manifestou o orgullo da vila en acoller un ano máis o festival, referente do teatro galego.

Para o Carballiño significa un compromiso grande para a cultura e unha plataforma para moita xente. Igualmente agradeceu aos empresarios locais que apoian á cultura.

Salientou a importancia da continuidade e a labor que fai o FETEGA e convidou a todos a vir ao teatro e ao probar tamén estes días o polbo do Carballiño.

Manuel Carballeda, administrador da empresa Montañesa

O representante da empresa patrocinadora do evento desde hai varias edicións, agradeceu o poder colaborar co festival, tantos anos e contribuír co grao de area desde a súa empresa para axudar a facer posible o evento. Ratificou o compromiso presente e futuro da súa empresa co festival.

Jacobo Sutil, director da AGADIC

Nas súas palabras, “é un pracer representar neste evento da cultura á Xunta de Galicia”, felicitou ao festival rebautizándose como festival de teatro galego “Celso Parada”. Felicitou ao FETEGA polo labor de difusión cultural q fai o FETEGA. Un dos 8 proxectos beneficiarios, formado parte do programa de axudas das artes escénicas.

Desexou q a programación deste ano fose un éxito de público e que teñamos 30 anos máis de festival de teatro galego.

Josi Lage, directora do FETEGA

Fixo un repaso do pasado, 30 anos de historia, presente, e futuro do evento e anunciou moitas novidades, entre as que destaca o cambio de nome e a súa despedida da dirección, do evento, aínda que “seguirei ligada a el”.

Agradeceu ás institucións, patrocinadores, aos máis de 70 establecementos colaboradores do Carballiño q repiten e aumentan cada ano, 16 voluntarios, e actores que nos mandaron vídeo, así como a actores e actrices presentes, aos medios, e ao público do Carballiño e quen se achega a gozar do teatro.

Destacou “moitas, moitas novidades na programación do 30º aniversario, unhas especiais para esta edición e outras para quedar instauradas”

A primeira, e de diferente índole ao resto, unha decisión de calado, o cambio de nome en homenaxe a Celso Parada, figura vital no teatro galego.

Na gráfica: creación da marca do 30º aniversario, e tamén no deseño do cartel: homenaxe que o equipo quixo facer pola súa despedida tras 20 anos na dirección.

Destacou o aumento a 5 días de programa, e o comezo con éxito: cheo nos obradoiros celebrados ata o de agora.

Outra novidade, o ciclo de monólogos. Na casa da cultura, á hora “golfa” 00 h. O que nos leva tamén a aumentar as categorías dos premios, que desde agora serán 6.

1-PREMIO DE HONRA

2- PREMIO MELLOR ACTRIZ

3- PREMIO MELLOR ACTOR

4- PREMIO MELLOR ESPECTÁCULO

5- PREMIO MELLOR ESPECTÁCULO DE RÚA

6- PREMIO MELLOR MONOLOGUISTA CÓMICO

Destacou o esforzo da organización en ofrecer prezos populares entradas e packs especiais 30 aniversario

Presentou ao xurado 2019, que se encargará de decidir estes premios, Mariana Carballal, Casilda Alfaro, Manuel Xestoso, Rubén Riós e Xosé Leis.

Deixou sen anunciar o Premio de honra 2019: “xa está decidido, e anunciarémolo no Carballiño o luns 2 de setembro na rolda de prensa de inauguración do festival”

Presentou o programa do Auditorio, do Anfiteatro e o novo programa de Monólogos (ver programa), así como a sempre característica animación de rúa, con estreas de espectáculos producidos para o FETEGA e a especial decoración do 30 aniversario. Igualmente unha mesa de mulleres, coordinada por Inma López Silva.

Todas as actividades serán de balde, agás as representacións nocturnas -no auditorio- a prezos reducidos (5 euros cada función) e packs especiais. Ademais, haberá animación nas rúas e diferentes actividades paralelas, como unha mesa redonda de actrices.

A gala do sábado que pecha o festival, estará conducida por Marián Bañobre

Finalmente, agradeceu o apoio das entidades públicas e privadas, como a empresa Montañesa, e o do equipo de traballo, a empresa GFStudio, responsable do deseño e contidos audiovisuais, Animatium do traballo de coordinación, e Intanxibles de comunicación e rr.pp. Agradeceu tamén o traballo dos 16 voluntarios/as, que se inscribiron a través da web www.fetega.gal.

Moitos dos actores e actrices presentaron as obras e actividades que van desenvolver nesta edición.

Iria Pinheiro, Cía. Iria Pinheiro – A Berberecheira-Chévere (Anatomía dunha Serea)

– Cándido Pazó, Machi Salgado, Cía. Contraproducións (Compañeira de piso)

– Machi Salgado, Susana Sampedro, Alex Sampaio, Cía Redrum Teatro (Idiota)

Déborah Vukusic, Cía. Enconarte Producciones (Monstruación)

Josito Porto e Víctor Mosqueira, Cía. Excéntricas e teatro do Adro (Cartóons)

João Alvim e Miriam Crespo, Cía. Asacocirco (Lume)

Pepo Suevos, actor e monologuista (Humor salvaxe)

– Lolo (Barafunda animación)