O ciclo ‘Voces Mariñeiras’ regresa ao Museo Mar de Sorrizo con demostracións e divulgación do patrimonio do mar

Grazas á confianza de Empatía Comunicación, tiven a honra presentar en Arteixo durante todos os venres de outubro  as catro charlas con carpinteiros de ribeira, percebeiros e artistas para reivindicar o patrimonio mariñeiro local.“Voces Mariñeiras” nace cun dobre propósito: poñer en valor o patrimonio natural e mariñeiro do municipio, recuperando oficios e saberes tradicionais, e coidar do legado ambiental e cultural vinculado o mar, desde a preservación das tradicións ata a conservación das embarcacións históricas.

O Museo Mar de Sorrizo converteuse no epicentro da cultura mariñeira de Galicia coa estrea do ciclo “Voces Mariñeiras”. Unha iniciativa promovida polo Concello de Arteixo que busca recuperar, preservar e dinamizar o rico patrimonio material e inmaterial do litoral arteijano, fomentando ao mesmo tempo un turismo sostible e respectuoso co medio mariño.

Estas sesións divulgativas, de entrada libre ata completar a capacidade, tiveron lugar todos os venres do mes de outubro (días 10, 17, 24 e 31) en horario de 17.30 a 19.30 horas. O ciclo reuniu aos auténticos protagonistas do mar: carpinteiros de ribeira, percebeiros e artistas, quen compartiron co público as súas experiencias, saberes e visións nun intento por fortalecer o vínculo entre a comunidade e a súa costa.

 

Programación para unha viaxe pola cultura marítima

O ciclo comezou con forza ovenres 10 de outubro coa sesión “Divulgación do patrimonio marítimo de embarcacións tradicionais de Galicia (I)”, a cargo de Miguel Martínez e María José García, da Asociación Cultural Mariñeira Vos Patexeiros de Sada. Os asistentes realizarán un percorrido pola historia das embarcacións tradicionais e coñecerán os 17 anos de labor desta asociación na conservación do patrimonio.

A segunda parte desta charla chegou o venres 24 de outubro, penetrándose en aspectos máis técnicos e prácticos da navegación tradicional. A sesión promete ser moi visual, xa que incluirá unha demostración en directo da construción de estrobos (as cordas trenzadas que aseguran a vela) e unha explicación detallada sobre velas características da costa galega, como a vela latina ou de relinga.

O oficio máis arriscado da costa galega tomará a palabra o venres 17 de outubro coa charla “Percebeiros: a vida no cantil”. Percebeiros e percebeiras de Suevos e os seus arredores relatarán en primeira persoa o día a día dunha profesión marcada pola bravura do mar e a verticalidade dos cantiis, ofrecendo un testemuño único e sobrecogedor.

O broche final ao ciclo púxoo o venres 31 de outubro o artista e mariñeiro Xosé Iglesias. Baixo o título “Mariñeiros: cartografía sonora dun mundo abisal”, o poeta presentará o seu último libro, Nave Cetácea, nun encontro que fusionará a literatura coas vivencias en alta mar, creando unha cartografía íntima do mundo mariñeiro.

O Museo Mar de Sorrizo, situado no emblemático edificio dun antigo centro de investigación mariña dos anos 80 na costa de Sorrizo, reafirma así o seu compromiso coa recuperación do patrimonio cultural e pesqueiro, combinando investigación, formación e divulgación para que as voces do mar non llas leve a marea do esquecemento.