Hoxe celebrouse en Arzúa a votación do CONCURSO DE CARTEIS da 43ª Festa do Queixo, Arzúa 2018, onde se recibiron un total de 44 propostas desde as catro provincias galegas, do resto do Estado, en diferentes técnicas dixitais ou manuais.

O xurado concedeu 25 puntos e o 1º PREMIO á peza nº 30 titulada AO SON DO QUEIXO” de Yago García Rodríguez, ilustrador (Santiago de Compostela). Esta obra será o cartel anunciador da 43ª edición da Festa do Queixo. Valorou a súa potencia gráfica, a visualización do queixo e cualificou esta obra como unha moi fiel e elegante representación da esencia e a filosofía do evento, a mensaxe de unión, de fusión, entre o queixo e música.

1º PREMIO: 600 € + fin semana turismo rural 2 persoas + lote de produtos “Festa do Queixo” + queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa

  • CARTEL Nº 30. Puntuación recibida: 18 puntos
  • TÍTULO: ‘Ao son do queixo’
  • AUTOR: Yago García Rodríguez (Santiago de Compostela)

2º PREMIO: 300 € + xantar 2 persoas + lote produtos “Festa do Queixo” + queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa

(elixido tamén como 4º premio na votación popular o domingo 10/12)

● CARTEL Nº 25. Puntuación recibida: 13 puntos
● TÍTULO: ‘Amanecer en Arzúa’
● AUTORA: Celia Inmaculada Serrano Paños

3º PREMIO 100 € + lote produtos “Festa do Queixo” + queixo D.O.P. Arzúa-Ulloa

  • CARTEL Nº 2. Puntuación recibida: 9 puntos
  • TÍTULO: ‘Queixi de festa’
  • AUTOR: César Gómez Blanco (A Coruña)

FINALISTAS: todos os carteis que recibiron puntuación do xurado levan un queixo!

O xurado estivo formado por:

  • Miguel Vallo, concelleiro de Cultura Concello de Arzúa
  • Óscar Pérez, xerente do C.R.D.O.P. Arzúa-Ulloa
  • Óscar Villanueva, profesor plástica I.E.S. Arzúa
  • Rosa Cajade, directora C.E.I.P. de Arzúa
  • Mónica Neira, profesora colexio Nosa Sra. do Rosario
  • Alfonso Corzo/Marta, directiva A.E.C.A.
  • Pilar Díaz, Inma Carbia e Susana Estévez, profesoras E.F.A. Piñeiral de Arzúa
  • Jose Ramón Bernárdez, concurso Queixo Maquetón
  • Ramón Roldán, coordinador e resp. comunicación Festa do Queixo

Secretario: Marcos Pampín, técnico de Cultura Concello de Arzúa

Todas as pezas estarán expostas na Capela de Madanela de Arzúa, de 19 h a 21 h. Do 11 ao 15 de decembro e o 2, 3 e 4 de xaneiro de 2018, así como nas datas da festa (as datas e horarios poden sufrir lixeiras modificacións, que se actualizarán nestas bases e noutros soportes, web, redes sociais, etc). A obra elixida como 1º premio será o cartel anunciador da 43ª edición.

A entrega de premios terá lugar no acto inaugural da 43ª Festa do Queixo, o sábado 3 de marzo de 2018.