Hoxe xoves 17 de febreiro tivo lugar na queixería Verbas (Granxa A Curiscada – Arzúa), a presentación do programa completo da 47ª Festa do Queixo.
Interviron:
Jose Luís García, alcalde de Arzúa
O alcalde agradeceu a asistencia aos presentes e fixo unha revisión do traballo realizado para a preparación da festa e as dificultades atopadas este ano aínda de pandemia. Explicou todas as novidades do por que a celebración da rolda de prensa en Arzúa, da feira e dos seus expositores, e do festival en canto aos aforos, reserva de entradas, etc. En canto a algunhas das novidades de esta edición, destacou:
O lugar da rolda de prensa, “o importante, máis que o feito en si, e a visibilización da reivindicación do rural.
Pensando sei que é complicado para os medios acceder e sair de Santiago, pensando no meu papel como alcalde decidín vir, non ten senso que o Concello gaste unha importante cantidade de diñeiro en publicidade para facer a Rolda na Galiciana cando é publicidade para outros. Así temos visibilidade onde hai que tela. Pero sobre todo noto que moitas veces hai medios que non teñen claro cousas tan básicas como que non é unha feira, que é unha festa, ollos ou non ollos, cousas que non viñan ao caso, había bastante descoñecemento. Entramos nunha rutina, que é importante se achegar a unha queixería. Pilar é un claro exemplo de como tivo unha granxa, logo leite ecolóxico, e logo queixo. Hai máis razóns, pero estas dúas son as fundamentais.”
A organización complicada, “empezamos moitos meses antes e fomos variando a mesma, case cada mes por mor da pandemia, se plantexaron distintas versións ata chegar a esta. Sobre todo será unha festa segura. Serán 3 días con 6 concertos vermú e queixo maquetón. No multiusos irá todo cunhas distancias porque moitos non caberían. Haberá 56 queixerías e 5 novas, de Lugo, Ourense, Zamora e dúas de Badajoz. Intentamos que fora normal, pero non é posible ao 100% tivemos que adaptala. Se un orzamento incrementouse foi o de seguridade. Empresa privada que fará vixilancia e control de accesos tanto para o recinto como para o festival. Será gratuíto pero con control de aforo. Para toda a programación haberá que ter unha entrada. Haberá dous puntos. Cultura: Pregón e maquetón Para Concerto Vermú e para o resto.
Para grupos musicais de sábado e domingo, ataquilla.com
Tamén a elección da pregoeira deste ano, que será a 4 veces campioa do mundo e campioa paralímpica en Tokio 2020, Susana Rodríguez Gacio. A súa elección non so foi polos premios e campionatos e medallas, se non sobre todo polos valores humanos de esforzo e superación que representa. Susana aparte de todos o seus premios representa o esforzo que tamén nos realizamos para que a festa fose presencial. Non so como deportista senón como doutora ao fronte da crise.
Un Festival do queixo gratuíto baixo carpa con control de entrada e saída. Este ano non haberá as habituais barras dentro do recinto do evento. Haberá que recoller entrada gratuíta desde o 22 de febreiro ás 10 h no 981500222 das Oficinas de Cultura para o pregón máis concerto de Sr Salvaje o sábado 5, e a sesión vermú de BMA o domingo 6. Para os concertos de Marc Seguí e Zahara a noite do sábado e Ailá+Guadi Galego a tarde do domingo, a entrada deberá retirarse a través de ataquilla.com. Por normativa, os asistentes estarán divididos en parcelas de 500 persoas. Na páxina web estará toda a información.
O sábado teremos a Sr. Salvaje xusto despois do pregón para aforrar entradas e saídas de xente. A Marc Seguí cantante mallorquín para incorporar idades adolescentes que quedaban un pouco alleas, 600 M de visualizacións entre 14 e vintetantos anos. A Zahara presentará o seu disco para recalcar mensaxes en torno ao dia da muller. O domingo non van a estar as Tanxugueiras, son fan delas, pero hai vida despois, hai 3 razóns. Estiveron xa en setembro en Arzúa, e agora están ate arriba de concertos. Virán dúas cantantes que nunca estiveron en Arzúa: Ailá e Guadi Galego. Estarán as Tanxugueiras algún día pero non será este.
Por último, o alcalde quixo facer unha mención especial aos Arzuáns do ano. Serán 6 e tres moi especiais, por ser colectivos tan relacionados con esta pandemia. Os nenos e nenas de Arzúa, foron os pregoeiros do pasado ano, e como a homenaxe do ano pasado quedou un pouco diluído, serán premiados este ano. Exemplo de responsabilidade. Escoitar o mestre con demasiadas distraccións e normas extras. exemplo de adaptación á pandemia. O Concello de Arzúa decidiu outorgar o premio colectivo de “Arzuán do ano” aos nenos e nenas deste concello, xa que foron un exemplo de adaptación e comportamento neste tempo de pandemia tras case dous anos coa COVID-19. É por iso que un/unha representante de cada centro educativo da vila recollerá o premio nos actos de inauguración e pregón. O persoal sanitario de Arzúa (do centro de saúde), pola súa capacidade de traballo e esforzo. O Concello decidiu outorgar tamén outro premio conxunto a este colectivo. Desexa manifestar o seu orgullo dos profesionais sanitarios, e quere así poñer en valor o seu esforzo fronte a COVID-19. Así con este recoñecemento, desexa agradecer publicamente o esforzo particular e colectivo, o sacrificio laboral e persoal, o seu compromiso nestes xa 24 meses de pandemia e de sempre, na atención prestada aos veciños e veciñas de Arzúa. A residencia San José, polo coidado aos nosos maiores. Igualmente, o Concello decidiu outorgar tamén este outro premio colectivo, polo seu esforzo e labor desenvolvida desde o primeiro momento, nunha situación sanitaria onde non se coñecía a súa repercusión, afectando maiormente a unha parte da poboación especialmente vulnerable. Carla Carrón, O club non deixa de darnos alegrías, case todos os anos temos algún arzuán do ano nadadora campioa de España absoluta en 800 m libres. Carla Carrón, nadadora do Club Natación Arzúa, pechou o seu recente paso polo campionato de España absoluto de inverno con dúas medallas de ouro, en 400 e 800m libres, a pesares de estar en idade junior. Becada no Centro Galego de Tecnificación Deportiva, gañou nos 400m libres cun rexistro de 4:07.55, mellor marca galega de 16 anos. Nos 800m quedou tamén campioa absoluta, parando o crono nos 8:25.34. Foi tamén galardoada Mellor nadadora galega nos Premios Galicia Sport 2021. Diego Quintela, xogador profesional de fútbol sala. Diego actúa como ala-pívot no Pescados Rubén Burela FS e foi convocado pola selección de fútbol sala de España. Xa fora pregoeiro nunha edición anterior e este ano é premiado tanto polos seus éxitos deportivos, cunha gran traxectoria, pois xogou tamén no A. Lobelle, FC Barcelona e Palma Futsal, como pola súa recoñecida humildade e traballo constante. Foi nomeado Mellor xogador galego Futbol Sala nos premios Premios Galicia Sport 2021. Xa foi pregoeiro. E Xosé Zapata, premio Goya á mellor curta de animación. O director, produtor e guionista estivera xa tres veces antes nomeado aos premios Goya, e foi agora cando o acadou con «The Monkey», a curtametraxe que codirixiu xunto con Lorenzo degl’Innocenti e na traballaron un cento de persoas. “The Monkey” e unha coprodución entre España e Portugal, elaborada durante case cinco anos e trata dunha fábula contra o racismo.
Aurora Varela, concelleira de Cultura, Educación e Participación Veciñal
Explicou polo miúdo o programa completo e concertos e novidades de loxística e reserva de entradas do festival do queixo, agradecendo tamén aos colectivos colaboradores. O xoves na EFA Piñeiral, que sempre colabora, haberá un encontro sectorial cas queixerías para palpar o antes e o despois da festa, as súas expectativas. Teremos catas comentadas do queixo DOP Arzúa-Ulloa polo consello regulador. Leva varios anos facéndose. En centros educativos antes e despois da festa. Para que pillen os valores.
O venres catro a exposición de cartaces da última década da festa e a súa reprodución doce, pois os cartaces irán tamén reproducidos en tartas. Tamén o venres a DOp fai un concurso de tapas petiscos, que se fará de novo este ano. O sábado as 11:00 h o certame de escritura rápida ArzúaXpress. Baixo unha inscrición se lle dará un concepto relacionado co noso concello e produto, e poden recoller outras cousas do noso patrimonio cultural pois temos outras cousas a valorar. Este relato estará máis dirixido a recuperar a xuventude para enviar a mensaxe de que Arzúa e de todxs. E animación nas rúas con varios grupos de gaitas, xigantes a cabezudos. Ás 18:00 no local de Santa María a presentación do libro de relatos de 2021 e se entrega o premio aos relatos do ArzúaXpress. E “Cantando con Pinocho”, no festival pequequeixo para os máis pequenos para conectar en directo piano con unhas novas cancións. O domingo sesión vermú coa banda de música de Arzúa, ás 12 h. A partires do 22 de febreiro estarán dispoñibles as entradas. Unhas en cultura e outras en ataquilla.com
Pilar Castro, unha das socias da queixería Verbas
Fixo un pequeno resumo da súa filosofía de produción. No 2008 tres socios decidimos reducir e meternos no ecolóxico. A idea non tiñamos os prezos de agora. Fun representante No consello regulador de Tetilla
Presidenta interina. Queriamos recuperar o leite cru, a elaboración tradicional
O que fixemos facer coa leite da miña explotación, non usamos silos. Muximos dunha tubería e o leite vai para a cuba a 32 graos e se non sube a temperatura. Xa podemos callar. Polo de agora e todo ecolóxico, falta papeleo. Pidemos ao CRAEGA e estamos agardando para elaborar un queixo que non tella mais que leite coallo e sal. Os animais están en pastoreo con forraxes ecolóxicos.
Volta ao km 0 ¿Realmente foi un boom e baixou? Algo mudou nos consumidores. Xente ven de fora a polo queixo. Agora se buscan produtos máis naturais. Agora a xente valora máis a alimentación. Nos 90 non estabas tan concienciada. Parellas con rapaces pequenos si valoran máis a alimentación. É outra vantaxe para a agricultura ecolóxica. Falta a parte comercial. Nos non reflectimos no prezo. Só poñemos o prezo da leite. 14€/Kg para cubrir gastos.