FACEMOS2017-12-21T18:04:18+01:00

→ A METODOLOXÍA DE TRABALLO, IMPRESCINDIBLE

1. SITUACIÓN

Analizamos xuntos antecedentes, actualidade e realidade

2. INVESTIGACIÓN

Investigamos mercado, competencia e referentes do sector

3. OBXECTIVOS

Definimos os obxectivos: específicos, medibles e alcanzables

4. ESTRATEXIA

Deseñamos a estratexia de comunicación para cumplir obxectivos

5. PROPOSTAS

Propoñemos ideas, accións, tarefas e calendario de actuación

+ PROXECTOS

QUE DI QUEN NOS COÑECE

A valoración dos clientes, colaboradores, provedores, medios, patrocinadores, voluntarios, etc. é fundamental para mellorar. As súas opinións logo da experiencia de traballar connosco.

 

«Coñezo a Ramón e colaboramos profesionalmente dende hai 16 anos polo menos. É unha gran persoa e un gran profesional que se implica a fondo, un máis do equipo en cada proxecto no que precisamos del. »

Berta Ramos, Animatium

«Axúdanos a mellorar a comunicación corporativa de varios eventos que organizamos en Arteixo ou A Coruña, e analizar os resultados reais do noso traballo como vía de mellora continua. Ter a garantía dun membro do equipo eficaz, profesional e honesto, e sempre coa maior calma, bo ton e xestos, mesmo nos momentos de estrés… non ten prezo».

Berta Ramos, Animatium

«Llevamos colaborando con Intanxibles varios años en la Festa do Queixo de Arzúa. Es muy fácil trabajar con Ramón, muy cuidadoso haciendo las cosas y muy atento siempre para que todo salga bien. Siempre abierto a sugerencias que le hemos aportado. Un placer trabajar con él, y espero seguir haciendo muchas cosas juntos.»

Iria Cillero, Sugema

«Ramón contactou coa edición da revista musical que dirixo por mor da Festa do Queixo, un evento onde os concertos ocupan un lugar destacado dende a súa orixe. Temos unha relación profesional dirixida a comunicación e promoción destes, sustentada na confianza e na empatía; dúas cualidades esenciais para desenvolver accións con resultados positivos.»

Nonito Pereira, Revista Mondosonoro

«Coñecín a Ramón nos ciclos de cine se programan con criterio contrastado na Festa do Queixo de Arzúa. A eficacia organizativa, a selección dos ciclos e películas para achegar aos estudantes as posibilidades didácticas do cine, permitiume descubrir a un profesional rigoroso, eficaz e solvente».

Moncho Lemos , TVG

«Un creativo capaz de planificar e coordinar todos os detalles aparentemente invisibles, pero esenciais, en calquera actividade lúdica ou cultural. Un xestor de marketing imaxinativo e resolutivo fronte a incidencias e imprevistos. Ten máis que sobrada cintura profesional para sacar adiante con brillantez, iniciativas novidosas na organización de eventos.

Moncho Lemos , TVG

«Ramón foi o primeiro profesional que no meu traballo xornalístico, me amosou que nunha festa gastronómica podemos desfrutar dunha morea de actividades complementarias culturais que casan perfectamente coa gastronomía máis saborosa. Con el aprendín que se pode facer unha perfecta maridaxe entre gastronomía e cultura, entre festa rachada e divulgación amena».

Moncho Lemos, TVG

«Empezamos hai pouco unha nova andadura. E aínda que sabemos como traballar, non tiñamos idea de como darnos a coñecer. Grazas a Ramón, o noso traballo ten unha boa visualización. É unha persoa seria, formal, cumpridora e resolutiva. Confiamos en Intanxibles para crear o novo logo, estrear web, tarxetas, facturas, albaráns, carpetas ou os distintos modelos de pegatinas para as nosas baterías.»

Pedro López , Baterías MMC

“Al iniciar el proyecto «Mama Mía» apenas conocía a Ramón, y se ha convertido en una persona indispensable por su profesionalidad y compromiso; cuando tiempo y estrés juegan en contra, resuelve de manera tranquila y eficaz. Una gran persona con la que es fácil trabajar y a la que los detalles más insignificantes nunca pasan desapercibidos.”

Alex F. Romero, Mama Mía!

«He trabajado con Ramón en RedActiva en diferentes proyectos. Es generoso, trabajador, responsable, con valores, entregado y perfeccionista. Es fácil abordar retos en equipo con Intanxibles, sobre todo si se necesita eficacia y resultados. Trabajar con él se vuelve divertido, y me ayuda a mejorar cada día. Un placer.»

Roberto Alonso, RedActiva

«Coñezo a Ramón como compañeiro de RedActiva. Boa persoa, bo profesional, honesto, e sempre disposto a mellorar os resultados cun sorriso. Colaboro con Intanxibles na gráfica en eventos e proxectos para Arteixo, Arzúa e Paderne. Implicación, dotes organizativas, meticulosidade, traballo en equipo, bo talante e bo facer aínda baixo presión, un garante de cada traballo que emprende

Adolfo Vizoso, Deseñador gráfico

PREGUNTAS FRECUENTES

Que fai un consultor de comunicación?2017-11-22T20:52:28+01:00

Asesora e propón solucións de comunicación en función dos requerimientos de cada proxecto. Investiga, planifica e executa estas ideas para poñer en valor a imaxe da empresa e acadar os obxectivos establecidos. Analiza necesidades, públicos, establece obxectivos, identifica oportunidades, crea a estratexia de comunicación e formula propostas de mellora.

Como contrato a Intanxibles?2017-07-20T19:15:05+02:00

Podes facelo de forma puntual, periódica ou permanente. Dependendo do volume total, traballamos por horas ou por proxecto. Analizamos xuntos as túas necesidades e presentámosche un orzamento totalmente personalizado. Contacta pola canle que desexes

Que se fai no proxecto?2017-11-26T19:27:13+01:00

Intanxibles desenvolve consultoría de comunicación e RR.PP. para entidades e organismos, de xeito permanente, periódico ou puntual. Elabora proxectos integrais de comunicación. Conceptualizamos as ideas e dispoñemos na práctica as ferramentas precisas para o seu desenvolvemento. Realizamos unha auditoría de comunicación externa e interna en cada proxecto.

Método de traballo:

  • pártese da situación: axudándose do cliente, escóitase e interprétase
  • investígase, ata onde se pode
  • xúntase ao equipo, en orde ao anterior e aos recursos
  • determínanse misión e visión, as claves para seguir
  • defínense os obxectivos, procurándoos medibles e alcanzables
  • márcase a estratexia, e as ferramentas coas que actuar
  • elabóranse as propostas, ou unha soa proposta
  • prográmanse as accións, ou unha soa acción
  • execútase, recemos
  • analízase e avalíase, de novo con moita axuda do cliente

Sempre acontecen máis cousas… non resulta necesario contalo todo 😉

Que son as RR.PP.?2017-11-25T10:09:45+01:00

As relacións públicas ou relación cos públicos*, son a ciencia que xestiona a comunicación entre unha organización e a sociedade. O ser humano é o eixo básico sobre o que xiran. Constrúen e reforzan imaxe para incrementar o posicionamiento, favorecer as percepcións, facilitar as comunicación e establecer mellores relacións. En resumo, abren oportunidades.

A tradución máis correcta de ‘public relations’ sería ‘relación cos públicos’, termo substituido na profesión e por ‘Relacións públicas’.

Que ferramentas usan as RR.PP?2017-11-22T20:50:52+01:00

A identidade, a filosofía, a cultura corporativa ou a reputación, son os elementos de traballo. A importancia das ferramentas que se usan radica non só en que manexan os recursos intanxibles da entidade, senón sobre todo en cando e como se fai ese uso.

Actúase de modo estratéxico, planificando e desenvolvendo desde unha función directiva unha xestión eficiente da comunicación para procurar coñecemento, entendemento e, finalmente, apoios.

Emprégase a comunicación bidireccional tanto con clientes como con provedores, traballadores, institucións e comunidade, escoitando e avaliando as súas actitudes, atendendo as necesidades, influíndo e recibindo as súas influenzas.

O importante, cando e como. A colleita, a medio prazo

Desde cando existen as RR.PP.?2017-11-25T10:08:33+01:00

A primeira acción de RR.PP. coñecida foi a inauguración dunha gran liña ferroviaria na norteamérica de 1870; a concesionaria convidou á viaxe inicial a cen líderes de opinión e editou para eles un xornal.  No 1900 créase en Boston a Publicity Bureau, axencia pioneira en establecer relacións cotiás cos medios de comunicación; o seu primeiro cliente foi a Universidade de Harvard. Por intermediación das RR.PP. internacionais firmouse a paz en varios conflitos bélicos, entre eles a I Guerra Mundial.

Ivy Lee fundou o primeiro despacho (NY, 1904). A industria do carbón contratouno coincidindo coas grandes folgas. Para aceptar, puxo como condición dispor de total liberdade para comunicarlle á prensa toda a información empresarial, fuxindo da escuridade existente con traballadores e opinión pública, dando paso á era de libre información, base sobre a que asentan as RP. Concibiu as RR.PP. como método para desenvolver accións ofensivas e non defensivas. O seu obxectivo foi naturalizar os feitos e evitar crear maior expectación, presentando todos os puntos de vista. Apostou pola fundación e a obra social, creando o mecenado. Conselleiro persoal de Rockefeller, mudou a súa imaxe de explotador monopolista e deu a coñecer as súas contas.

Edward Bernays, é considerado o pioneiro mundial ou pai da profesión. En 1923 publica Crystallizing public opinion, primeiro libro especializado, onde fala da forza da opinión pública e como pode influír no éxito e no fracaso dunha organización. Visionou as RR.PP. como mecanismo de mellora social, integrándoas nas organizacións modernas. Foi dos primeiros en recoñecer o valor das mulleres e en aplicar os principios de ética e deontoloxía profesional. Entre os seus clientes, grandes compañías, persoeiros públicos e varios presidentes norteamericanos. Negouse a traballar para Franco, Hitler ou Somoza.

Outros grandes persoeiros, como Harwood Childs, pioneiro nas ideas de responsabilidade social empresarial (1940) ou Lucien Matrat, fundador da asociación profesional europea de RP.PP., a primeira da historia (1970), e impulsor da escola de pensamento europeo.

 

AXUDAMOS A

CONTACTA
Ir a Arriba